Cómo seguides familia? indo estos días? Cada semana que pasa estamos a conseguir máis antivirus, polo que xa vai quedando menos para acabar co reto.
MENTE EN FORMA: "TINTA INVISIBLE"
Algunha vez quixestes que non se vexa o que escribides e así convertervos nuns auténticos detectives? Pois o día de hoxe ímosvos ensinar a escribir con tinta invisible.
Os materiais que necesitamos son:
- Medio limón
- 1 bastoncillo de algodón
- Unha lanterna ou lámpada
- Un folio ou cartolina
Esprememos o medio limón nun recipiente e usamos o zume do limón como tinta. Unha vez temos o zume, mollamos unha das puntas do bastoncillo de algodón e xa poderemos escribir a nosa mensaxe na nota.
Deixamos que se seque e aplicámoslle calor coa lanterna ou o poñemos a contraluz e agora verase a mensaxe que escribistes.
CORPO EN FORMA: "CANASTRA SOPRANDO"
Neste reto comprobaremos o forte que podedes soprar e o podremos comprobar con materiais reciclados.
Solamente necesitaremos unha bola de papel, un rolo de cartón e un vaso.
Tentaremos meter a pelota de papel no vaso situado no extremo dunha mesa soprándoa co tubo de cartón.
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario