martes, 14 de abril de 2020

Bos días familias!!

Hoxe traémosvos un experimento que seguro que sorprende moito aos pequenos da casa!!



Agora que vistes o vídeo explicarémosvos como se fai.

Necesitamos:

  • 1 folio
  • Unhas cantas servilletas
  • Rotuladores
  • 1 prato fondo
  • Auga
Poñemos o folio na mesa para que non traspasen os  rotuladores e encima unha  servilleta. Dobramos a  servilleta á metade e debuxamos un circulo nela (cun  rotulador permanente mellor) por fóra e outro por dentro.


No círculo de dentro debuxamos unha cara e pintámola cos  rotuladores (non ten porque estar ben pintado de todo)
Pechamos a  servilleta e mergullámola no prato con auga e... SORPRESA!!!!

Vos deixamos foto dos pasos a seguir:

 Se queredes intentalo e mandarnos vídeo estaremos moi contentos de ver os vosos experimentos!!


E recordade que mañá ás 12 subimos un novo reto!!

Grazas familias!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario