INSTRUCIÓNS XAQUE MATE AO VIRUS

Qué é "Xaque ao Virus"?
É unha proposta online para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar na que sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte no Centro", "Ocio Educativo" e "Luditarde", para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas en ditos programas.
Obxectivo do xogo
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanales para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.
Qué son os Retos?
Son probas sinxelas que tes que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.
-Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán no desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas doadamente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mercóres e venres ás 12:00h.DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

Cómo supero os retos?

É moi sinxelo. Bastará con que envíes unha foto ou vídeo do reto á dirección de correo electrónico deste blog.

RECORDA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VIDEO 10 PUNTAZOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario