Amosando publicacións coa etiqueta INTRODUCIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INTRODUCIÓN. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE MATE AO VIRUS

Xogogo virtual
XAQUE MATE AO VIRUS



Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos vivindo coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia nos domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.

Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación online dos nenos e nenas inscritos no "Programa de Ocio" (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque mate ao virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternantivas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso granito de area.

O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar relacionado cos diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares (dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento... ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos vivindo).

A presentación dun novo reto faráse os luns, mércores e venres ás 12.

Se ese reto supérase entre todos os nenos e nenas de este cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavrisu e vaise avanzando.
A clasficación do xogo coas puntuación por centro, poñerase unha vez presentados os retos.





ATRÉVETE! 





UNIDOS VENCEREMOS