MENTE EN FORMA: "ANIMÁNDONOS ENTRE NÓS"
Acordadesvos do stop motion que publicamos o outro día para explicarvos o que hai que facer ante a situación que estamos vivindo? Pois no reto de hoxe propoñémosvos que nos enviedes fotos ou videos animando aos demáis e logo faremos un video xuntando as respostas. Qué vos parece a idea? Animadesvos?
Vos deixamos de novo o stop motion:
E por certo... qué vos parece se retamos aos nosos compañeiros do CEIP ALBORADA? Aceptarán o reto?? Seguro que si..!!!!!!
CORPO EN FORMA: "FACEMOS MALABARES"
Hoxe imos facer malabares!!!! Temos que coller 3 bolas ou 3 mandarinas.. o que se nos ocorra! E temos que lanzalos ao aire verticalmente a distintas alturas.
Esperamos os vosos vídeos facendo malabares!! Seguro que o conseguides!!
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario