PROBA MENTE EN FORMA: "A UNIÓN FAI A FORZA"
Pois empecemos por facer o noso lema sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obligatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortesx
O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en dibuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocurra.
Atrevésche?? Fácil non?? Pois adiante….!!
PROBA CORPO EN FORMA: "CALENTANDO MOTORES"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
- Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse de puntillas. Repetir 10 veces.
- Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura xirar o tronco cara á esquerda e despois á dereita.Repetir 10 veces.
- Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
- Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
- Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura xirar a cabeza cara á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.