Xogogo virtual
XAQUE MATE AO VIRUS
Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos vivindo coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia nos domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternantivas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso granito de area.
O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar relacionado cos diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares (dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento... ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos vivindo).
A presentación dun novo reto faráse os luns, mércores e venres ás 12.
Se ese reto supérase entre todos os nenos e nenas de este cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavrisu e vaise avanzando.
A clasficación do xogo coas puntuación por centro, poñerase unha vez presentados os retos.
ATRÉVETE!
UNIDOS VENCEREMOS

Ningún comentario:
Publicar un comentario