Parabéns!!
Empezamos...!!!
PROBA MENTE EN FORMA: "FACENDO CONSTRUCIÓNS"
Todos sabemos o importante que é reciclar para o medio ambiente, así que no reto de hoxe propoñemosvos facer costrucións con material reciclado que teñades pola casa (cartón do papel hixiénico, vasos de iogur, caixas, botellas...o que se vos ocorra).
Botádelle imaxinación e xa veredes como se poden facer unha chea de cousas!! Os deixamos un par de ideas:
E por se vos apetece ler un conto sobre a reciclase, os recomendamos o seguinte "10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo" (editorial RBA Molino).
PROBA CORPO EN FORMA: "SALTA CONMIGO"
É ben sabido a importancia que ten o exercicio físico no noso benestar e saúde tanto física como mental. Recoméndase realizar exercicio físico diario, e xa que a falta de tempo non vai ser un problema agora mesmo, este reto vai ser pan comido.
Propoñémosvos deseñar unha comba con materiais reciclados que atopedes pola casa (ben sexan trapos, cordas etc.) e facer 5 saltos seguidos con ela. Non dubidedes en pedirlle colaboración aos vosos pais, irmáns, familiares ou quen estea convosco na casa. Este vídeo, proprocionaranos 10 antivirus para a nosa loita.
Pero hai máis! Se nos enviades unha foto dos vosos pais/nais, irmáns etc. superando tamén o reto sumaredes 1 antivirus extra.
Esperamos que pasásedes un intre divertido e...vémonos no seguinte reto !!
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Ningún comentario:
Publicar un comentario