luns, 1 de xuño de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA  AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.


UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA),  XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.

O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:


SÓ NOS QUEDA AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS E A COLABORACIÓN DESINTERESADA DE MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES E DEMÁIS PERSONALIDADES DO MUNDO DA CULTURA QUE ANIMASTES A PARTICIPAR AOS NENOS E NENAS DOS DIFERENTES COLEXIOS DA CIDADE.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

xoves, 28 de maio de 2020

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Bos días familia! Polo bo traballo feito axudándonos a derrotar ao virus, os días 1, 2 e 3 de xuño de 16:00 a 18:00 realizaremos unha entrega de diplomas e medallas no Forum Metropolitano. Como este aínda non está aberto, deberédesvos identificar na entrada e seguir as medidas sanitarias actuais como o uso da mascarilla.

De modo que aquí finalizamos unha etapa, so nos queda agradecervos a todos os que fixestes isto posible. Esperemos volver a vernos o curso que vén e que o verán estea cheo de momentos felices e fundamentalmente de saúde.


mércores, 27 de maio de 2020

RETO 29


Moi boas familia! Desgraciadamente este será o último reto do blog. Foi unha viaxe moi bonita e entretida, pero entro todos fomos capaces de derrotar ao virus. Vamos cos dous últimos retos, os cales esperemos que sexan do voso gusto para despedirnos como se merece.

SEMANA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA

RETO MENTE EN FORMA:



Como xa ledes no título, esta semana celébrase a semana internacional da educación artística, polo que gustaríanos que nos amosedes as vosas dotes artísticas.  Xa que este é o último reto, que vos parece se nos mandades un debuxo despedindo o blog e polo tanto ao virus? Esperámolos con ansia.


RETO CORPO EN FORMA: 

Aproveitaremos que é a semana internacional da educación artística para realizar o reto de corpo en forma tamén. Neste caso pedirémosvos que vos gravedes un baile creado por vós para despedir ao blog como se merece e para pechar esta etapa da maneira más positiva e alegre posible

martes, 26 de maio de 2020

TALLER DE COCIÑA

Hoxe imos facer uns pinchos de froitas!! 😋

Antes de comezar recordade lavar moi ben as mans e logo ler os ingredientes para ter todo á man á hora de comezar a cociñar.

Ingredientes (pódedes empregar as froitas que vós queirades e máis vós gusten):
  • Plátano
  • Mandarina
  • Kiwi
  • Amorodos
  • Laranxas
  • Limón
  • Canela
Preparación:
  • Pelamos o plátano e o cortamos en rodaxas.
  • Pelamos a mandarina e separamos os segmentos.
  • Pelamos o kiwi e o cortamos en anacos.
  • Retiramos as follas dos amorodos, lavamos e cortamos á metade.
  • Exprimimos varias laranxas, vertendo o zume nun bol.
  • Exprimimos unhas gotiñas de limón sobbre o zume de laranxa.
  • Espolvoréamos un pouco de canela sobre o zume de laranxa e as gotiñas de limón.
  • Introducimos os anacos de fruta nun bol.
  • Metemos o bol no frigorífico e o deixamos descansar unhas dúas horas aprox.
  • Escorremos as froitas e as metemos alternativamente en pinchos.

Vós anímades a mandarnos fotos dos vosos pinchos de froitas? 😉

luns, 25 de maio de 2020

RETO 28

Hoxe, 25 de maio, é o Día de África, así que os retos estarán relacionados con este continente.

África é un continente moi grande, formado por moitos países e onde hai unha variedade de clima e onde viven moitos animais diferentes.



RETO MENTE EN FORMA: "FACENDO ANIMAIS"


Dous animais moi típicos de África son o ELEFANTE e o LEÓN...e hoxe os imos a facer !! Necesitaremos:

  • Un rotulador
  • Unhas tesoiras
  • Rolos de papel hixiénico



RETO CORPO EN FORMA:"AMINA"


Hoxe para mover o corpo toca... BAAAAAAILAR !!!! Deixámovos esta canción que se chama Amina e é típica en África. Vos anímades a bailala?? Tamén vos podedes animar a cantala!! Esperamos os vosos vídeos!




RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9