mércores, 27 de maio de 2020

RETO 29


Moi boas familia! Desgraciadamente este será o último reto do blog. Foi unha viaxe moi bonita e entretida, pero entro todos fomos capaces de derrotar ao virus. Vamos cos dous últimos retos, os cales esperemos que sexan do voso gusto para despedirnos como se merece.

SEMANA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA

RETO MENTE EN FORMA:



Como xa ledes no título, esta semana celébrase a semana internacional da educación artística, polo que gustaríanos que nos amosedes as vosas dotes artísticas.  Xa que este é o último reto, que vos parece se nos mandades un debuxo despedindo o blog e polo tanto ao virus? Esperámolos con ansia.


RETO CORPO EN FORMA: 

Aproveitaremos que é a semana internacional da educación artística para realizar o reto de corpo en forma tamén. Neste caso pedirémosvos que vos gravedes un baile creado por vós para despedir ao blog como se merece e para pechar esta etapa da maneira más positiva e alegre posible

Ningún comentario:

Publicar un comentario