África é un continente moi grande, formado por moitos países e onde hai unha variedade de clima e onde viven moitos animais diferentes.
RETO MENTE EN FORMA: "FACENDO ANIMAIS"
Dous animais moi típicos de África son o ELEFANTE e o LEÓN...e hoxe os imos a facer !! Necesitaremos:
- Un rotulador
- Unhas tesoiras
- Rolos de papel hixiénico
RETO CORPO EN FORMA:"AMINA"
Hoxe para mover o corpo toca... BAAAAAAILAR !!!! Deixámovos esta canción que se chama Amina e é típica en África. Vos anímades a bailala?? Tamén vos podedes animar a cantala!! Esperamos os vosos vídeos!
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario