IMOS A POLO VENRES!!
Comezamos...!!!
Este xogo mental fomenta o teu rendemento. Comezamos cunhas pistas:
Animal 1:
1. É grande.
2. Ten pelo longo.
3. Móvese en grupos ou manadas (especialmente as femias).
4. É carnivoro
5. Gustalle cazar.
6. O macho ten melena a femia non.
7. Sembra como un gato grande.
8. É o rei da selva.
Animal 2:
1. É moi grande
2. Pode ser branco ou negro.
3. É un animal solitario
4. Son herbívoros
5. Está en perigo de extinción.
6. Xeralmente dan a luz a unha soa cria cada vez.
7. Teñen un corno.
Anímaste a facernos un debuxo dun destes animais?
PROBA CORPO EN FORMA: "EXERCITATE NA CASA"
Voltamos con máis exercicio na casa. Neste video seremos un pouquiño máis esixentes que no anterior, estades preparados para movervos?
Seguimos co noso plan para Tokio 2020.
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
BOA FIN DE SEMANA !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario