mércores, 1 de abril de 2020

RETO 5

O virus xa está a tremer, imos conseguir aínda máis antivirus para vencelo!


PROBA MENTE EN FORMA "ENRÓLATE"

Todos temos na casa algún rolo de papel, xa que é un utensilio que emprégase diariamente. O que vos propoñemos é que lle deades vida a estes rolos. A que nos referimos con darlles vida? A que os decoredes ao voso gusto e convertádelos no que prefirades, dende mascotas, ata superheroes.

Deixámosvos uns exemplos para que vos fagades unha idea. Deixade voar a vosa imaxinación!!



PROBA CORPO EN FORMA "IOGA ANIMAL"

O ioga é unha práctica física e mental que promove o benestar de todo o organismo. Ten incrementos tanto físicos (incrementa a forza) como mentais (aumenta a capacidade de concentración).

Na súa realización hai que adoptar posturas coas que se traballa o control do corpo e da mente.

Casualmente, moitas destas posturas teñen nome de animal, e hoxe pedirémosvos que realicedes algunhas das propostas a continuación.



RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario