luns, 18 de maio de 2020

RETO 25

Sabemos que tedes moitas ganas de saír a xogar á rúa, por iso os retos de hoxe os tedes que facelos na rúa !! 😎


RETO MENTE EN FORMA: "VEXO, VEXO.."

Seguro que todos coñecedes este xogo. A nosa proposta é que cando baixedes á rúa, xoguedes ca persoa que estea con vós ao Vexo, vexo e que nos mandedes un vídeo para ver que ben o pasedes con este xogo de toda a vida.



RETO CORPO EN FORMA: "BRINCA QUE TE BRINCA"

Neste xogo teredes que facer unha carreira saltando moito e rápido. Seguro que o facedes moi moi ben !! Acordadévos de mandarnos vídeo ou foto para conseguir antivirus. 


RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario