mércores, 13 de maio de 2020

RETO 23


Moi boas familia! Xa case estamos a mediados de maio, pouco a pouco e coa axuda de todos isto rematará de aquí a pouco. Imos cos retos!

MENTE EN FORMA: ADIVIÑA ADIVIÑA

Xa que vemos que últimamente estades bastante activos coas adiviñas e acertando todas as que vos propoñemos imos poñervos outras dúas a ver que tal se vos dan hoxe.






















RETO DE PASEO:

Vemos que estades moi activos durante os vosos paseos diarios, hoxe gustaríanos que saquedes o explorador que levades dentro e que fotografedes algún dos animais que vos encontrades durante a vosa travesía. Seguro que son moi variados, xa que estades feitos uns aventureros.

RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario