luns, 11 de maio de 2020

RETO 22

Estamos aquí unha semana máis e xa vai quedando moito moito menos !!!

RETO MENTE EN FORMA:"TRIVIAL CORUÑÉS"
Hoxe traémosvos un xogo de toda a vida, o TRIVIAL...pero este non é un trivial calquera, senón que é o TRIVIAL CORUÑÉS !!!!!

Podedes xogar individual, en parella ou en grupo. Necesitaredes un dado e imprimir este taboleiro o debuxar vós un. E o xogo consiste en ir respondendo as preguntas das tarxetas e ir conseguindo todos os queixos.

Deixámosvos un PDF ( fai clic aquí para acceder ao PDF )onde podedes ver toda a información do xogo.


RETO CORPO EN FORMA:"CARREIRA DE SACOS"
Este xogo tamén é moi típico e seguro que o coñecedes todos. Pero esta vez podemos facer unha pequena modificación, xa que estamos na casa e igual non temos ningún saco, podemos empregar a funda dunha almofada (antes de nada preguntarlle aos papis). E así poderemos facer unha carreira pola casa!!





¡¡ ÁNIMO !!


RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario