luns, 4 de maio de 2020

RETO 19

RETO MENTE EN FORMA: “CARREIRA DE EIRUGAS”


No reto de hoxe toca facer unha carreira!! Pero antes teremos que facer unhas eirugas. Para facer as eirugas necesitaremos:


  • Un anaco de papel en forma de rectángulo
  • Unhas tesoiras
  • Un rotulador


Deixámosvos un vídeo para que vexades como se fai:




RETO CORPO EN FORMA: “CAMIÑANDO COMO OS ANIMAIS”

Cada animal ten unha maneira característica de camiñar e hoxe imos imitar a algúns deles.Anímadesvos??


  • Elefante: estiramos un brazo cara adiante (semellando á trompa)
  • Pingüin: andaremos cos pés xuntos
  • Cangrexo: faremos unhas pinzas cas mans e andaremos cara un lado
  • Canguro: saltaremos cas pernas e brazos dobrados


Podedes imitar estes animais que vos propoñemos ou os que vos queirades!! Esperamos os vosos vídeos!!


RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!


Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario