PROBA MENTE EN FORMA: "AS 4 DIFERENZAS"
Xa que a semana pasada gustouvos a proba de adiviñas con animais, seguiremos con esta temática, pero esta vez o xogo tratará de atopar as 4 diferenzas.
Unha vez que atopedes as diferenzas, que seguro que o facedes súper rápido, tedes que dicirnos as respostas e acompañala cun debuxo do animal que máis vos guste da imaxe.
PROBA CORPO EN FORMA: "INICIACIÓN ÁS SENTADILLAS"
As sentadillas son un movemento fundamental e moi útil en todas as disciplinas deportivas ademáis dun exercicio básico, de modo que esté é o mellor momento para aprendelas e fortalecernos para poder derrotar ao virus Neste movemento, arrancamos dende unha posición erguida, e dende ahí, flexionamos os xeonllos e baixamos o corpo mantendo a verticalidade, para logo volver a regresar á posición erguida na que nos atopábamos ao comezo do exercicio.
Unha vez que teñades o movemento aprendido, enviádenos un vídeo facendo o máximo número de repeticións que poidades en 1 minuto.
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario