Bos días!!! Qué tal pasestedes o fin de semana?
Unha semana máis comezamos cun novo reto, iso quere dicir que xa estamos máis preto de acabar co coronavirus!!!!
PROBA MENTE EN FORMA: "ACABEMOS CO CORONAVIRUS"
Como xa sabedes é moi importante limpar ben as mans, por iso no reto de hoxe propoñémosvos que ao comezo do día, cun marcados dibuxedes no dorso da mans un virus. Para poder eliminar o virus debedes lavar as mans durante o día, e conseguir que pola noite xa non esté.
E a modo de recordatorio deixámosvos os pasos a seguir para que as mans queden ben limpas:
PROBA CORPO EN FORMA: "O BAILE DO CADRADO"
Hoxe traémosvos o baile do cadrado. Anímadesvos a facelo???
ÁNIMO !!!!! VÉMONOS O MÉRCORES CO SEGUINTE RETO !!
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario