mércores, 29 de abril de 2020

RETO 17

Moi boas rapaces! Estades a conseguir moitos antivirus, e xa vistes que cada vez queda menos para que isto acabe. Preparados para 2 retos máis?

MENTE EN FORMA:

Necesitamos a vosa axuda rapaces! Resulta que tiñamos o abecedario debuxado nesta folla pero unha oruga famenta comeuse algunhas letras. Podedes axudarnos a recuperar as letras que faltan?



CORPO EN FORMA:

Como as semanas pasadas, seguimos fortalecendo o tren inferior! Nesta ocasión realizaremos o seguinte exercicio de elevación de cadeira.



Neste reto imos a pedirvos que fagades 10 repeticións. E xa sabedes que se nos enviades un vídeo realizando o exercicio conseguiredes 10 antivirus!



RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!



Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario