mércores, 22 de abril de 2020

RETO 14



RETO MENTE EN FORMA: "COMPLETA AS IMAXES"

Ola chicos!!! Aproveitando que mañá é o día do libro, imos facer que hoxe sexades vós os escritores. Para iso, imos deixar que completedes coas vosas palabras os ocos nas seguintes imaxes.

Estas imaxes falan das medidas para seguir para combater o virus, de modo que se estades acertados coas palabras que empregades como escritores, seredes capaces de combatelo.
As imaxes e ilustracións foron sacadas do libro Rosa contra o virus da Editorial Sentir.

CORPO EN FORMA: "FACENDO SENTADILLAS"


Fai 2 semanas empezamos coa iniciación nas sentadillas. Nesta ocasión faremos 2 tipos de sentadillas diferentes: con salto e de tesoiras.



Neste reto imos a pedirvos pedir que fagades 5 repeticións de cada exercicio. E xa sabedes que se nos enviades un vídeo realizando o exercicio conseguiredes 10 antivirus


RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!


Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario