Aquí estamos de novo cun novo reto pero antes de nada... GRAZAS!!! Grazas pola vosa participación, así conseguiremos bater ao coronavirus.
Vos animades a seguir conseguindo máis antivirus? Imos aló !!
PROBA MENTE EN FORMA: "COCIÑA CREATIVA"
Como ben sabedes temos que seguir unha boa alimentación así que hoxe imos cociñar un pouco sen deixar a imaxinación atrás.
Primeiro lembra que temos que lavarnos as mans. Xa están ben limpas? Pois agora si...mans á obra !!
Este reto consiste en que tedes que coller os alimentos que queirades e facer con eles animais, persoaxes de debuxos... o que se vos ocorra.
Os deixamos unhas imaxes para que vexades que con imaxinación podemos facer calquera cousa. E non voz esquezades de pedirle axuda a un adulto para non facervos dano.
PROBA CORPO EN FORMA: "A BAILAR" E "EXERCÍTATE NA CASA"
Xa sabedes que é moi importante manter o corpo en forma e un pouco de baile nunca ven mal. Así que no reto de hoxe propoñemosvos bailar esta canción co lema que empregamos no primeiro reto #QuédateEnCasa:
Mándanos un vídeo bailando e se nos dades permiso faremos un vídeo con todolos nenos e nenas que participedes. A BAILAR!!BOA SEMANA !! VÉMONOS O MÉRCORES SEGUINTE RETO!
RECORDA: Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto (fapascurrosenriquez@gmail.com) e gañarás un punto e se nos envias un vídeo 10 puntos!!
1 foto doutra persoa da casa ou un amigo do cole que non esté nas actividades será 1 punto extra e se é un vídeo 10 puntos extra!!
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debues cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



Ningún comentario:
Publicar un comentario